O BNG urxe ao Goberno poñer en marcha un plan de accións contra o espallamento  descontrolado da herba da pampa

30 Novembro 2023

O deputado do BNG, Luís Bará instou ao Goberno central a poñer en marcha un plan de accións contra o “espallamento descontrolado” da herba da pampa, unha especie invasora que cada vez ocupa máis terreo ao longo da xeografía galega, e de maneira especial nos concellos do Golfo Ártabro e das rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, nos que se produciu una “invasión xeneralizada”, en palabras do BNG, que indica que esta proliferación materializouse en paralelo á construción de grandes infraestruturas viarias e ferroviarias, así como en polígonos industrias. No caso do Barbanza, a herba da pampa vai estreitamente ligada ao trazado da autovía, cuxas marxes están inzadas pola especie.

A proposición non de lei defendida polo deputado do BNG inclúe: presentar un informe das actuacións realizadas nos últimos 5 anos para controlar, mitigar a expansión e eliminar a especie invasora incluíndo os resultados en Galiza do Proxecto Life+Stop Cortadeira e aprobar “en dous meses” o plan de accións para o control, xestión e posíbel erradicación da herba da pampa, cunha duración de cinco anos prorrogábeis e achegas da Xunta, administración estatal e deputación así como das empresas construtoras e xestoras das autoestradas e autovías que transcorren polo territorio galego”.

Na defensa da proposta, o nacionalista explicou que “as especies exóticas invasoras constitúen unhas das principais ameazas para a biodiversidade e supoñen ademais riscos para os equilibrios ecolóxicos, a saúde e as actividades económicas”. E engadiu: “A herba da pampa (cortaderia selloana) e unha das máis agresivas en Galiza” e prolonga o período de alerxias primaverais que se estenden até o mes de novembro nas zonas de maior presenza da especie”.

Na súa intervención, o deputado tamén relatou as actuacións anunciadas pola Xunta do PP para combater as especies exóticas invasoras, como o plan estratéxico aprobado en 2013 e do que “transcorridos dez anos non se coñecen os resultados das diferentes liñas de actuación” e indicou que a Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece, entre outras recomendacións , que a consellería competente estableza unha rede de alerta para a vixilancia destas especies invasoras e adaptar medidas para o seu control ou  erradicación.

Asemade, no 2020, engadiu, “a Consellería de Medio Ambiente volveu anunciar a elaboración dun plan de acción específico para loitar contra a propagación da herba da pampa, e  a principios deste mesmo ano volveu anunciar por enésima vez un plan de acción para a súa erradicación, xunto cun convenio coa Universidade da Coruña (UdC) para aplicar unha nova tecnoloxía capaz de empregar como sistema de control biolóxico un parasito desta planta, segundo informaba o propio Goberno galego”.

Porén, dixo, “malia todo este despregue propagandístico” criticou o nacionalista, “a realidade é que a herba da pampa ten un espallamento absolutamente descontrolado por unha boa parte da xeografía galega, como se pode observar nunha viaxe a través da AP-9 e doutras autoestradas e autovías”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...