É motivo de entusiasmo recordar e celebrar a importancia da participación da xuventude na actividade política con todo o que isto implica para todos aqueles que asumen con enorme tesón e ilusión o compromiso de servizo ao que se veñen a prestar. Unha idea de contribución aos demáis que debería ir moito máis alá das ideoloxías políticas, pois por suposto -faltaría máis- todos podemos e debemos pensar como queiramos, razoar e opinar con criterio propio sen que o noso plantexamento veña dado por cambios de opinión dos correspondentes xefes de filas, intentando camuflar así burdas e obvias mentiras que, aceptándoas, concorren nun
demostramento claro dunha nula capacidade da defensa da razón máis do sentido común.
Porque este ánimo e esta vontade construtiva de querer contar cun espírito crítico propio é o primeiro e fundamental paso para poder comezar a influir e a construir na actividade política dende o sentidiño. Asumir esta cuestión implica evidenciar a enorme capacidade de inconformismo e dedicación que representa a gran parte da mocidade galega, moita dela representada na agrupación político-xuvenil máis grande de Galicia, Novas Xeracións. E este non é un asunto doado. Ser capaces de continuar sendo ao largo destes máis de corenta anos de Autonomía o maior punto de encontro dos mozos e mozas galegas dispostos a embarcarse
nesta aventura da política é síntoma de que as preocupacións, ansias e valores dunha mocidade moi distinta, teñen o seu epicentro nun enorme equipo presente en toda a comunidade e disposto a continuar traballando polos intereses da mocidade de hoxe para
deste xeito, entre todos, comezar a construír a Galicia do mañán.
E Galicia non para. E non o fai porque os galegos e, en consecuencia, tamén a mocidade galega, non querén que se deteña. Un avance que se fai por distintas etapas pero encadradas todas nun mesmo camiño, nunha mesma razón de ser, que nunca debería poder deixar de formularse como o esforzo e o traballo adicado á sociedade máis moza, á que moitos intentan representar e axudar dende o sentidiño, malia que outros -poucos- se limiten a intentar chamar a atención de non se sabe moi ben qué ou quén, ca única intención de destacar dentro do seu espectro político. É así nos vai a todos. E digo así nos vai porque mentres que uns se
empeñan en ter unha triste concepción da política, outros e outras a partir do sentidiño comezan a asumir responsabilidades orgánicas de dirección e xestión, nas cales realmente poder mostrar toda a súa potencialidade e capacidade de esforzo e traballo.
De seguro son moitos os retos aos que se vai a enfrontar o conxunto da mocidade galega no futuro. Unha mocidade sen complexos, preparada, aberta a España e a Europa, disposta a persistir co importante legado recibido e baseado no traballo e esforzo. Formulacións básicas dunha receita de éxitos xa recollidos no tempo e que agora lle toca a unha nova xeración continuar loitando por eles. Porque é responsabilidade nosa, de todos os que confiamos nesta idea común que leva a Galicia no centro, continuar axudando a facer realidade as ansias e vontades de tantos e tantas cuxa única ilusión é a capacidade de mellorar día a día, de intentar sacrificarse un pouco máis por este ideal común, ter a capacidade de actuar sen maldade, dende o sentidiño, e que entre todos e xa dende a mocidade poidamos continuar esta historia de trunfo na que facer realidade a Galicia que todos levamos dentro, continuando a construción da Galicia que queremos. E NNXX nese compromiso anda.
“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces
Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas características, constatan que se...



