O mércores seguimios con baixas presións e con réxime de ventos do suroeste que traerán unha fronte fría co avance da tarde. Así, agárdanse ceos nubrados, con chuvias máis frecuentes na metade oeste e de carácter máis ocasional no resto. Á noite as chuvias iranse xeneralizando aumentando en intensidade. As temperaturas continuarán sen cambios, con lixeiros ascensos das máximas no terzo norte. O vento soprará moderado do suroeste, forte no litoral da Coruña e Lugo.
O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 6 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.