Martes con chuvias nas primeiras horas e entrada de aire frío

13 Novembro 2023

O martes, festividade de San Alberte, chegará unha fronte fría que cruzará Galicia de oeste a leste. Así, durante a mañá os ceos estarán cubertos con chuvias que chegarán á provincia de Ourense a partir do mediodía. Conforme pase a fronte iranse abrindo claros e irá entrando o aire frío, polo que as mínimas da xornada rexistraranse ao final da tarde. O vento soprará de compoñente oeste, moderado pola mañá, con intervalos fortes no litoral e baixando de intensidade co avance do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 5 a 6 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.