Malas Herbas organiza este venres no Centro Lustres Rivas (Ribeira) unha charla contra a violencia machista

30 Novembro 2023

Con motivo da celebración do pasado 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, celebrarase este venres 1 de decembro en Ribeira un coloquio da man da psicóloga experta en saúde mental e violencias sexuais, Hadriana Ordóñez.

A sesión celebrarase polo serán (ás 19.00 horas) no Centro Cultural Lustres Rivas.

A charla versará sobre a educación, neste caso emocional e afectiva como “instrumento fundamental na medida de prevención e de-construción dalgunhas das violencias machistas que nos atinxen no día a día”, segundo explicou a organización do coloquio, a Asociación Cultural Malas Herbas en colaboración co Concello de Ribeira.

Na cita tamén se porá o foco nas realidades LGBT+ ante a pervivencia das agresións machistas.

Estará aberta a todos os públicos e idades, con especial atención nas persoas máis novas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.