Máis de mil trescentos escolares da contorna déronse cita no Campionato de Cros celebrado na Pobra

30 Novembro 2023

O Campionato de Cros reuniu na mañá do 30 de novembro a máis de 1.300 escolares procedentes dos municipios da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón.
O estadio municipal da Alta converteuse en epicentro desta proba organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, ó abeiro do programa Xogade, coa colaboración da Concellaría dos Deportes, a Agrupación Deportiva Escolar As Rías e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
Trátase dunha cita deportiva de gran envergadura, tal e como apunta o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, coa implicación da comunidade educativa de varios concellos “co claro obxectivo de inculcar entre a rapazada a importancia do exercicio físico como un hábito de vida saudable a seguir e fomentar distintas disciplinas deportivas.”
Nos primeiros postos, tanto da clasificación individual coma por equipos, a representación dos centros educativos da contorna foi variada.
Entregóuselles, ademais, medallas ós/ás 15 primeiros/as clasificados/as por modalidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.