
A Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín (Porto do Son) vai acoller este venres 3 de novembro, a partir das 18.30 horas, unha xornada de divulgación organizada polo GALP Costa Sostible, centrada no programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura. No transcurso da sesión as persoas interesadas poderán escoitar a Sauro Martínez, co seu proxecto turístico Mariñeiro por un día e a Glòria Naco, de L’espai Del Peix de Palamós. A maiores haberá unha intervención do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco. A xornada rematará cunha degustación de produtos do mar.
GALP Costa Sostible é a entidade responsábel no territorio costeiro galego da xestión das axudas do Fondos Europeos FEMPA.