“Galicia terá compensacións polo apoio do BNG á investidura de Pedro Sánchez”. Antón Luaces

04 Novembro 2023

Houbo e hai opinións para todos os gustos. Mais o certo é que a maioría dos galegos vímonos solprendidos polo apoio ¿sen máis? que, desde un principio dou o BNG -co seu único deputado no Congreso dos Deputados, Néstor Rego- á investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno español.
Sen embargo, tal apoio do nacionalismo galego ao candidato socialista terá, como o propio PSOE informou, unha vía compensatoria non só para Cataluña, entrementes PSOE e Junts manteñen en pé as negociacións para que tal investidura chegue a bo porto, acadados xa os de Bildu, ERC, PNV e BNG e o acordo con Sumar para a conformación do previsto Goberno PSOE-SUMAR.
Cando aínda non se coñece que pode dar de sí a suposta aprobación dunha lei que amnistiaría aos involucrados no tan debatido “proçés” de Cataluña, con centos de persoas afectadas -entre estas políticos e membros das forzas da Orde Pública- os galegos amosaron -e aínda moitos amosan- o seu abraio por un acordo multipartito no que o BNG xoga un papel, se ben minoritario, indispensable para que Pedro Sánchez poda presidir un Executivo que, de calquera xeito, non vai ter doado gobernar España.
Moitas son as críticas desfavorables á aceptación dos apoios procedentes de Bildu, formación política á que o PP segue a vencellar a ETA, e non son menores a ERC e Junts, polo determinante papel xogado por ambas as formacións nos feitos do susodito “proçés”. Son críticas que non só proceden da dereita e estrema dereita: no seo do PSOE e outras organizacións políticas de esquerdas tampouco hai conformidade con ese pacto e, menos aínda, coa aplicación dunha amnistía a medida dos desexos de aqueles que tomaron parte nas mobilizacións a prol de autodeterminación ou independencia da hoxe en día Comunidade Autónoma de Cataluña. O ex president catalán Carles Puigdemont, cabeza visible de Junts en Waterloo, é quen baralla o futuro desa investidura, por non dicir que esta está nas súas mans e, en troques, o ser ou non ser dunha Cataluña integrada en España.
E que vai gañar Galicia co apoio do BNG a Sánchez?.
Segundo os nacionalistas galegos -como xa adiantara o presidente do Goberno en funcións- haberá unha condonación xeral das débedas autonómicas que, no que atinxe a Galicia, será análoga á que se aplique a Cataluña (na súa xusta medida), poderán crearse os trens de proximidade, e serán de aplicación maiores descontos no uso das autoestradas AP-9 e AP-53 (durante tanto tempo reclamados), crearanse xulgados de violencia de xénero en todas as cidades e haberá apoio á língua galega.
Son, neste momento, promesas; pero dada a experiencia que o BNG ten neste tipo de acordos, é de supor que os mesmos estarán sustentados en algo máis que verbas que o vento leva.
Moito queda ainda por negociar; pero o BNG semella que o ten nídiamente claro: Galicia, gaña.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.