Esta fin de semana o + Q Tapas de Barbanza Arousa celébrase na Pobra do Caramiñal

15 Novembro 2023

Durante o venres de 20:00h a 22:00h, sábado de 12:30h a 14:30h e 20:00h a 22:00h e domingo de 12:30h a 14:30h celebrarase a novena edición do concurso máis que tapas na Pobra do Caramiñal que organiza a Mancomunidade Barbanza Arousa.
Os establecementos participantes son: Xanxo, London, La Bolera e O Galeón.
Poderanse degustar tapas por un prezo de 2,50€ elaboradas con produtos de proximidade. Cada participante no concurso recibirá un rasca con premios.
O obxectivo da Mancomunidade é dinamizar a hostalaría e poñer en valor os viños da Indicación Xeográfica Protexida Barbanza e Iria, concretamente as adegas situadas en Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.
Os padriños do evento serán os influencers TODO MAL.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.