Entidades sociais amosan en Ribeira o papel do público na obtención de datos sobre o estado co Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

25 Novembro 2023

Ribeira acolleu hoxe un encontro coa participación de distintas entidades sociais para mostrar o papel do público en xeral na obtención de datos e información sobre o estado co Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Estas organizacións convértense en importantes activos que favorecen a creación dun escenario aberto e transversal no que as interaccións entre ciencia, sociedade e política ambiental permiten mellorar a toma de decisións

A Xunta defende a importante contribución da ciencia cidadá a un mellor coñecemento dos espazos naturais da
comunidade e á protección tanto da flora como da fauna. Por iso, o Executivo galego celebrou hoxe en Ribeira unha xornada divulgativa sobre a ciencia cidadá no Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán para poñer en valor o papel vital que teñen a sociedade e o público en xeral no estudo e análise da súa contorna.
Neste encontro participaron distintas entidades e organizacións cidadás que contribúen activamente á ciencia -tanto co seu esforzo intelectual como coas ferramentas e recursos ao seu alcance- e que mostraron aos asistentes os resultados obtidos froito do seu intenso estudo de diferentes ámbitos do parque natural, como o estado das poboacións de aves, coleópteros, bolboretas ou fauna mariña. 
Estes axentes convértense en importantes activos pois recollen datos que poden ser empregados polos investigadores e científicos dando como resultado un escenario aberto e transversal no que as interaccións entre ciencia, sociedade e política ambiental contribúen a mellorar a toma de decisións. Ese labor tamén axuda a espertar a vocación científica do conxunto da sociedade ao fomentar un maior compromiso social.
Os voluntarios aportan así valor á investigación, adquiren novos coñecementos ou habilidades e achéganse ao método científico de maneira atractiva. De feito, xornadas como a celebrada no auditorio do Centro de Recepción de Visitantes Casa da Costa de Ribeira permiten intercambiar experiencias e avanzar no coñecemento dos distintos aspectos que a ciencia cidadá está a analizar na actualidade.
O complexo dunar
O ámbito do parque natural de Corrubedo é un bo campo de estudo para todos os interesados na natureza pois trátase dun sistema dunar único en toda Galicia que ten asociadas as lagoas de Carregal e Vixán. Este espazo conta coa presenza de diversos hábitats litorais como os ambientes dunares, praias, rochedos, litorais ou marismas que o fan singular e especialmente atractivo.
A maiores hai abundante presenza tanto de fauna -entre a que hai especies de aves destacables como o alcaraván común ou a píllara- como de flora, incluídas variedades de plantas endémicas, raras ou ameazadas ou cun valor floral ou bioxeográfico singular.

Outros artigos

Adiado en Rianxo até o 17 de maio o acto de homenaxe a Rosalía

A Área de Cultura do Concello de Rianxo confirmou hoxe que por mor das condicións climáticas adversas previstas para este venres 23 de febreiro, o acto en lembranza de Rosalía de Castro que estaba previsto para a dita xornada na praza de Padrón (no paseo da Ribeira a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...