En Ribeira éxito de participación na II Desgustación do Lirio, en Ruta co Lirio organizada pola Cooperativa Santa Eugenia

18 Novembro 2023

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira – OPP 83 organiza, durante o día de hoxe, en colaboración coa Asociación de Empresarios e a Asociación de Hostaleiros de Ribeira, a II Xornada de degustación En Ruta co lirio.
Nesta II XORNADA DE DEGUSTACIÓN DO LIRIO, dende a OPP83, deron de xeito gratuíto lirio fresco fileteado a cafeterías, bares e restaurantes do concello.
Así, e deste xeito, cada bar, cafetería e restaurante elixiron unha tapa para facer con Lirio. Un dos requisitos fundamentais para formar parte desta xornada, tendo en conta a cultura da tapa de Ribeira, é que a tapa será sempre gratuíta, só pagarán os clientes aos restaurantes que decidan facer un prato co lirio para ese día e o engaden á súa carta habitual.
O horario para esta degustación das tapas do lirio será ao longo de toda a xornada do 18 de novembro, así, e deste xeito, as veciñas e veciños de Ribeira e, os que visiten o concello durante esta xornada, poderán degustar a tapa do lirio tanto ao mediodía como á noite.


Unha primeira edición que contou cun éxito de participación, xa que finalmente foron 10 os establecementos que participen nesta II XORNADA DE DEGUSTACIÓN EN RUTA CO LIRIO. Así e deste xeito poderedes degustar e desfrutar na Recoveira coa súa tapa México Lirio e querido, tamén na Fiestra Café-Bar con seus Rollitos de Lirio, Brétema con Suspiros de Ribeira, El Golimbreo con Hoy me Lurio, Esmorga con Lirio en bolitas, Café Plaza con Xudemil de Lirio, El Gourmet Alján co seu Crujiente de Lirio en San Simón, Tío Pepe cos seus Lirios arrabiados, Pedra Pateira co seu Lirio ao estilo “Bandourrio” e o Restaurante Xardín co seu Lirio acevichado.

Unhas tapas e unha xornada das que tamén poderán desfrutar as veciñas e veciños do concello e os visitantes nesta tarde noite, xa que a degustación será ao longo de todo este 18 de novembro.
Esta acción, incluída dentro do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual deste 2023, ten como obxectivo iniciar unha estreita colaboración entre a OPP 83 e a hostalería de Ribeira, co fin de promover xornadas en épocas de menor afluencia para a hostalería e poñer en valor o peixe fresco de Ribeira. Esta será a primeira Xornada pero o obxectivo é propoñer accións semellantes ao longo do ano.

Outros artigos

Terbutalina presenta este venres “Era Cabra” na Sala Malatesta

Este venres día 8 de decembro, a partires das 21 h, celebrarase en Santiago, na Sala Malatesta, unha festa con empanada, vinilos, camisetas e moito rock. Así presentan a banda muradá (de Esteiro) Terbutalina a súa posta de largo de Era Cabra en Compostela. A piques de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...