En Ribeira, empresarios e Concello reforzan o proxecto do novo polígono

30 Novembro 2023

O local social da Asociación de Empresarios de Ribeira, na rúa Rosalía de Castro, acolleu esta semana unha xuntanza para afondar no desenvolvemento do proxecto do novo polígono (Polígono de Pedras Vermellas) e impulsar os procesos para finalmente materializalo.

Asistiron o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, o alcalde, Luís Pérez Barral, e diferentes membros da Corporación municipal. Expresando a inquietude dos empresarios acerca do estado de madurez do proxecto, o presidente da
asociación fixo un repaso polos pasos dados ata a data e solicitou do rexedor do seu compromiso por “axuntar forzas para que o polígono estea en marcha a principios do 2024”.

Pérez Barral comprometeuse a acadar a materialización do proxecto coa maior rapidez posíbel e mostrou a predisposición do Goberno local para lograr que a nova superficie empresarial sexa axiña unha realidade.

Noutra orde de cousas, o Martínez Gude manifestou o compromiso existente do presidente da Deputación, Valentín González, de realizar a obra de desdobramento da estrada de acceso ao polígono.

Transcorrida a quenda de preguntas, coas diferentes inquietudes manifestadas polo numeroso grupo de asociados asistentes, deuse fin á reunión co acordo unánime de que o traballo de todos e cada un dos interesados, así como o das distintas administracións implicadas no desenvolvemento do proxecto, dean lugar á realidade de ver o polígono realizado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.