En Boiro máis de 300 familias participan xa no programa de Compostaxe Doméstica

07 Novembro 2023


A concelleira de Medio Ambiente, Olga González, participou esta tarde na xornada de entrega e formación dos composteiros a 40 novas vivendas unifamiliares participantes no programa de Compostaxe Doméstica. Con esta nova entrega son xa máis de 300 as familias que participan neste programa.
“Cada vez son máis as persoas que solicitan un composteiro e que participan neste programa, favorecendo a redución de emisións de dióxido de carbono e o uso de fertilizantes químicos”, afirmou a concelleira. A experiencia do seguimento que se leva a cabo destes composteiros amosa que a maior parte dos residuos que se depositan son de materia sobrante da cociña, seguido de segaduras de horta. O uso deste sistema permite un aforro na xestión dos residuos de entre 600 e 800 litros de desperdicio
orgánico por familia.
Para a adquisición destes composteiros o Concello de Boiro conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliciencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.

O obxectivo deste programa é avanzar na familiarización da compostraxe de cara á implantación do contedor da quinta fracción e
lograr unha xestión máis sostible do lixo. “De cara a finais deste ano vai comezar a implantación do quinto contedor para os residuos orgánicos, o uso de composteiros vainos axudar concienciar e que esa transición sexa moito máis sinxela”, recoñeceu Olga González. Todas aquelas persoas que se queiran inscribir no programa de Compostaxe Doméstica do Concello de Boiro poden facelo a través do departamento municipal de Medio Ambiente, no enderezo electrónico
medioambiente@boiro.org ou no teléfono 981 377 585.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...