” Do lado do amo”. Luís Celeiro

16 Novembro 2023

Ía correndo por detrás daquela cancela que antes non puidera abrir. Corría cara abaixo e, despois, cara arriba, subía ata a ourela da leira e daba a volta correndo ata que chegaba ao río. Era un individuo, un fulano ben vestido, ben calzado e ben delgado, pero non podía abrir a cancela do eido onde moraba. Estaba só de noite e de día, falaba consigo mesmo e, de cando en vez, saían da súa boca enormes improperios. Xa que, “isto non pode seguir así”, dicía ou, máis ben, berraba para que lle escoitara o mundo enteiro e toda a xente do mundo.
Non pode seguir así e non hai quen o remedie. Mentres uns avanzan, outros retroceden e non se alcanza o equilibrio. A el molestáballe enormemente a indiferenza e a apatía dos que vía pasar, tanto ou máis que a mirada daqueles que recoñecían que o primordial para eles era a defensa dos intereses materiais.
Estaba absolutamente convencido de que era un deses, como o filósofo alemán Friedrich Engels, do materialismo histórico, no que as persoas están atadas á realidade social, que vai modelando o seu ser. Corría sen parar e, ás veces, rodáballe pola cabeza a idea de que o mellor era non ser, non cavilar, non escoitar e non mirar. Deixarse levar pola avaricia dos que queren gobernalo todo e facelo ao seu xeito, con razón ou sen ela.
A cancela daquela leira inmensa seguía fechada e alí non entraba ninguén. O noso amigo vivía cun par de cadelos, un deles, o máis grade e de cor negra, era Morito, un can de raza, un amigo do seu amo. O outro, máis pequeneiro, de nome Cantor, tamén era de raza. Era un can ovelleiro, deses de fidelidade total e, ao parecer, cunha intelixencia superior á da maioría dos cadelos.
O tempo pasaba, chegaba o inverno e a cancela, no mesmo. Ninguén se atrevía a abaleala.
Era como un sinal chantado para dicirlle á xente que aquel home estaba encerrado, pechado cos cans que o gardaban e os únicos cos que falaba. Estaban todos agardando que se presentara a ocasión para dar un paso, pero quen será o primeiro?
Non se sabe! Quen queira que sexa, será criticado polos outros e poida que mordido polos cadelos que, como di a Tía Manuela, “aínda que diga moitos improperios, sempre se poñen do lado do amo”. En calquera caso, o procedente é que as actuacións dos humanos, onde queira que que estean e sexa como queira que sexa a situación adversa, non se deben guiar pola xenreira. Ao contrario, cómpre fuxir da ira, da cólera e da hidrofobia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.