“De potencias, mentiras e licenzas de pesca”. Antón Luaces

08 Novembro 2023

O pior problema que ten actualmente o sector pesqueiro galego emana, ao meu parecer e como teño comentado en máis dunha ocasión, da potencia real dos motores dos seus barcos de pesca, maioritariamente superior á rexistrada nas súas licenzas de pesca.
As empresas demandan agora solucións cando, sen dúbida, son as máis grandes coñecedoras e desde vai anos do incumprimento da normativa que a Unión Europea pon en práctica mediante inspeccións que permiten saber se existen coincidencias por xeolocalización e diario de pesca de que o barco que se inspecciona supera ou non a potencia oficial, que é a que marca a capacidade pesqueira do buque.
Para a Unión Europea resulta prácticamente imposible garantir a sostibilidade da pesca se, previamente, non se ten constancia efectiva da correspondencia entre a potencia real e a oficial, cuestión esta que os armadores -agás contadas excepcións- nunca quixeron pór riba da mesa. Moi ao contrario, foron os primeiros interesados en ocultar esa cuestión que neste momento lles afecta negativamente tendo en conta, a máis, que a UE delega nos Estados membros a verificación dos mostreos. E os países, neste caso España, terán que asumir os custos das auditorías e mesmo obrigar a que os armadores contribúan, chegado o caso, ao seu pagamento.
A capacidade pesqueira da frota mídese, como é máis que coñecido, en termos de arqueo bruto e potencia propulsora dos barcos. Regulando esta capacidade pode acadarse un equilibrio entre as posibilidades de pesca e a citada capacidade da frota. Manter este equilibrio resulta fundamental para a sustentabilidade da pesca, algo que non se quixo “ver” polos propietarios dos barcos e que os mandos e resto de tripulación fixeron que descoñecían ata que Bruxelas dou a voz de alarma.
Cada país comunitario ten estabelecido un límite de capacidade da frota en termos de potencia e de arqueo bruto, polo que a capacidade da frota española nunca pode superar o teito fixado pola UE. Sen embargo, durante moitos dos últimos anos, nen armadores, nen estaleiros, nen empresas ou talleres de reparación de motores, e nen sequera os inspectores de moitas capitanías marítimas quixeron darse por enterados da existencia desa normativa comunitaria: estaba polo medio o rendemento económico do barco e, para chegar a este, a potencia propulsora dos mesmos sempre foi esencial.
Seremos quen de cumprir todo o previsto para chegar a ter motivos que nos permitan a equiparación
con outros Estados pescadores -comunitarios ou non- e, deste xeito, podermos dicir alto e claro cousas que na actualidade temos que calar?.
Tempo ao tempo. Pero a UE sabe de sobras o que por aquí temos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...