Borxa Colmenero e Axóuxere (Rianxo) presentan “O Governo neoliberal da vida” este xoves en Vigo

23 Novembro 2023

O escritor Borxa Colmenero vai presentar en Vigo o seu libro O Governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana, editado polo selo rianxeiro Axóuxere, con sede en Brión. A presentación, que virá acompañada dunha conversa arredor da obra, contará coa presenza do autor e máis de Jorge Yagüez (prologuista) e Roberto Abuín (editor). A cita será este xoves 23 de novembro ás 19.30 na Fundación Euseino de Vigo.

O governo neoliberal da vida. Uma leitura (pós)foucaultiana é un ensaio crítico de Borxa Colmenero. O autor, nado en Vilar de Santos (1984) é filósofo político, xurista e activista e introdúcese con esta obra no pensamento de Foucault e en toda a crítica posfoucaultiana (desde Nikolas Rose ou Giovanna Procacci até Toni Negri, Giorgio Agamben ou Pierre Dardot) para observar a hipótese do desenvolvemento dunha teoría política do neoliberalismo como unha específica arte de goberno.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.