Boiro organiza intercambios lingüísticos para compartir idiomas e cultura

13 Novembro 2023

A concelleira María Outeiral participou esta tarde na primeira xuntanza do programa de intercambios lingüísticos que leva a cabo o
Concello de Boiro. O obxectivo desta proposta é formar grupos de conversa entre persoas de distintas nacionalidades para aprender a lingua, cultura e costumes dun país.
Hai preto de vinte persoas inscritas nestes intercambios e vanse crear pequenos grupos de conversa en función das preferencias. Neste momento están confirmados os grupos de alemán e inglés pero tamén hai propostas para francés ou portugués. “Neste momento comezamos con inglés e alemán pero o obxectivo é ir creando grupos con preferencia doutras linguas en función da demanda”, recoñeceu a concelleira.
A proposta xorde dos equipos de normalización e dinamización lingüística de centros educativos e de estudantes de Erasmus que buscan aprender galego e español ademais de compartir a súa lingua con aqueles que desexan reforzar, practicar ou aprender outros idiomas. “O obxectivo destes intercambios é aprender unha lingua dunha forma dinámica e entretida, compartindo unha conversa cotiá”, afirmou María Outeiral.
Os distintos grupos reuniranse luns e martes e aínda hai prazas dispoñibles para aquelas persoas que queiran participar nos intercambios lingüísticos do Concello de Boiro.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.