Baroña celebra este sábado o Día do Patrimonio con obradoiros, xogos e degustacións (e coa recuperación das lendas e historias da parroquia)

16 Novembro 2023

Este xoves é o Día Internacional do Patrimonio e as entidades galegas están a conmemoralo con actividades diversas. Unha destas entidades é a Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son), que vai celebrar unha xornada ambiental este sábado 18 de novembro. A xornada inclúe varias iniciativas complementarias, a primeira das cales é unha xeira de traballo colectivo para mellorar a contorna de San Tomé. Será, na compaña da veciñanza voluntaria que queira participar, a partir das 10.00 horas (con saída a esta hora do Local da Comunidade de Montes). As inscricións para este traballo cómpre formalizalas no teléfono 679 156 855.

O mesmo sábado 18 de novembro celebrarase ademais a cuarta edición da Xornada sobre o Patrimonio Inmaterial de Baroña. Nela, a través das persoas maiores de Baroña, ilustraranse e recuperaranse historias, lendas, contos ou rumores sobre a parroquia, a súa xente, os seus lugares ou as cantigas que versaban sobre ela.

A maiores, haberá un obradoiro de xoguetes tradicionais e habilitaranse xogos populares para a rapazada. Tamén está previsto un taller de elaboración de filloas da sartaña, “para que a veciñanza que queira poida aprender a facer o amoado e practicar a arte de facer filloas no filloeiro”. A maiores, para recuperar forzas, haberá unha degustación de produtos típicos e unha foliada libre para todas as persoas que acudan á xornada e se animen a tocar, cantar e bailar. Estas actividades celebraranse a partir das 17.00 horas no Local da Comunidade de Montes de Baroña. Quen precise máis información pode chamar ao número 679 156 855.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.