Avanza en Porto do Son o proxecto para dotar a totalidade do litoral dunha senda peonil

22 Novembro 2023

Este mes de novembro o Concello de Porto do Son compartiu máis novidades relativas ao seu proxecto de recuperación ambiental costeira que inclúe, como temos sinalado dende este medio, a creación dunha senda litoral que percorra a totalidade do concello, dende Miñortos (no límite con Noia) até Seráns-Espiñeirido (no límite con Ribeira). Contará cunha trintena de quilómetros. O obxectivo deste ambicioso proxecto é “pór en valor unha ruta moi transitada por veciños e visitantes, de gran interese ambiental, paisaxístico e turístico”. O Concello explicou que se ben xa hai moitos treitos litorais completados, hai outros “puntos críticos” nos que cómpre traballar. Por exemplo no treito comprendido entre a praia do Pozo e Aguieira e noutros tramos da zona de Caamaño e Baroña. O vindeiro investimento, con fondos europeos, será entre a praia de Fonforrón e a pasarela da Arnela.

Recreación virtual do paseo da Arnela publicada por La Voz

Trátase de dous puntos que xa foron obxecto de intervencións (na Arnela construíuse unha pasarela para permitir aos viandantes transitar de xeito seguro sen percorrer a beiravía da estrada, e Fonforrón e O Preguntoiro estrearon cadanseus miradoiros). O obxectivo do Concello é permitir que veciños e visitantes poidan empregar unha senda peonil segura dende a vila sonense até o Castro de Baroña. Esta senda, para cuxa materialización só resta a aprobación de Costas, conectará Xío até A Arnela. Contará cun beiril (voladizo) peonil que discorrerá de xeito paralelo (exterior) á beira, ao mesmo nivel. Terá 1,6 metros de ancho. Con esta intervención búscase solucionar o problema de seguridade e accesibilidade que presentan as beiras previamente habilitadas, que son moi estreitas.

Dende Miñortos até Espiñeirido

“Queremos ser capaces de achegar unha senda segura e accesíbel que permita á xente comezar a percorrer o noso concello nun extremo, en Miñortos, e rematar noutro, en Espiñeirido, e sen deixar esa ruta”, comentou recentemente o rexedor Luis Oujo en declaracións a Canal Barbanza, engadindo que ao abeiro deste proxecto reivindicaranse tamén os camiños tradicionais.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.