As Xornadas de Saúde e Benestar Persoal da Pobra terán lugara finais do mes de novembro

15 Novembro 2023

O médico e psicólogo clínico Ernesto López Méndez será o especialista que imparta unha nova edición das Xornadas de Saúde e Benestar Persoal que terán lugar na Pobra do Caramiñal nos días 28, 29 e 30 de novembro.
Esta iniciativa que promove a Administración local vertébrase na presentación de varios libros que tratan distintos aspectos para contribuír a acada-lo benestar. A este respecto, a concelleira da Sanidade, Patricia Lojo, explica que nesta ocasión “porase o foco na saúde mental e nas relacións sociais para mellora-lo estado psicolóxico e emocional que complementa o físico para logra-lo que habitualmente consideramos unha vida plena.”
Serán tres coloquios que se van desenvolver no Auditorio do Museo Valle- Inclán, ás 19.30 horas. No día 28 analizaranse as obras Si la vida nos da limones, hagamos limonada e No tengo ganas de nada y no se me va esta tristeza que buscan darlle sentido á vida, cando a ansiedade e a depresión nola complican.
A quenda de No me comprendes, y tú a mí tampoco e Tócame otra vez (cómo revivir el deseo sexual), coa finalidade de se comunicar ben para vivir mellor, chegará no día 29.
E, por último, no día 30 examinaranse Familias competentes I (por una convivencia confortable en casa), Familias competentes II (guías didácticas para resolver problemas) e Qué fácil ganarlo, qué difícil perderlo (dar sentido a la vida cuando el sobrepeso y la obesidad nos lo complica), para aborda-lo concepto de familias competentes e saudables.
O acceso é libre ata completa-la cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.