Amicos e JEALSA celebran este venres 1 de decembro a nova edición do festival inclusivo Festiritititi

27 Novembro 2023

Este 1 de decembro vaise celebrar un dos grandes eventos solidarios e inclusivos da tempada no Barbanza e en Galicia: o Festiritititi, organizado pola asociación da nosa comarca Amicos coa importante colaboración da conserveira local JEALSA.

Nesta sexta edición contarase cun gran número de convidadas e convidados, tanto do tecido social e educativo, como empresarial e institucional da zona. Será este venres 1 de decembro no parque da Cachada en Boiro, ou, no caso de chuvia, no Pavillón de Barraña. Con esta cita Amicos quere celebrar novamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, aínda que adiantou dous días a conmemoración con respecto a esta efeméride internacional, fixada para o 3 de decembro.

Entre as 11.30 e as 13.30 horas, o parque da Cachada de Boiro acollerá a un gran número de escolares, beneficiarios, cidadáns e representantes institucionais e empresariais. A festa estará aberta a todas as persoas que se animen a celebrar con nós nun evento cheo de actividades, obradoiros, música e moita diversión. O Festiritititi cumpre así a súa sexta edición, cun crecemento constante grazas ao apoio e a participación da sociedade.

Como lembraremos, a edición do ano pasado contou tamén co apoio de JEALSA e veu cunha manchea de actividade para os case mil nenos e nenas da contorna do Barbanza que acudiron a participar nos xogos organizados, todos eles co nexo común de ser inclusivos e estar adaptados ás necesidades cognitivas e motrices das persoas participantes.

O Festiritititi é un festival de inclusión a través do xogo, onde toda a comunidade está convidada: centros educativos, autoridades e familias.


Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.