AGADEA Alzhéimer organiza unha visita a Sálvora na que participan nenos e maiores (este 22 con saída de Ribeira)

21 Novembro 2023

AGADEA Alzhéimer e catro colexios do municipio ribeirense (CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, os CEIP de Palmeira e Carreira e máis o Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras organizan esta semana unha visita á illa de Sálvora (Parque Nacional das Illas Atlánticas), baixo o epígrafe Un camiño de lembranzas.

A experiencia desenvólvese este mércores 22 de novembro. Trátase, segundo informa a entidade de atención de persoas maiores AGADEA, dunha acción interxeracional entre a cativada e os maiores na que se pretende potenciar as relación coa comunidade e sensibilizar sobre o medio ambiente. Está programada a participación de 178 persoas, 101 nenos/as e 77 adultos. A saída está prevista para as 9.30 horas e o regreso para as 13.00 horas. O punto de encontro será o porto de Santa Uxía de Ribeira (avenida do Malecón 36, fronte ao Mercado Municipal e a oficina de Correos).

Ruta programada

9.30 h. Porto de Santa Uxía de Ribeira. Acto con autoridades e foto de familia.

10.00 h. Partida no catamarán con Cruceiros do Ulla

10.00-12.30 h. Visita con guías profesionais á illa de Sálvora: Ruta do Faro e Ruta da Aldea.

13.00 h. Chegada ao porto de Santa Uxía de Ribeira e fin da actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.