A Policía de Rianxo extremará este sábado a seguridade nas estradas con motivo do III Rally Ribeira – Ría de Arousa

16 Novembro 2023

A Policía Local de Rianxo compartiu os detalles do dispositivo de seguridade que vai aplicar este sábado 18 de novembro nas estradas municipal con motivo da celebración do III Rally Ribeira – Ría de Arousa, que discorrerá polos concellos do Barbanza (Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Porto do Son e Lousame). Os axentes informaron de que “coa finalidade de garantir a seguridade da proba e das persoas, estará o tráfico cortado en todo ese percorrido dende as 11:30 ás 23:30 horas aproximadamente”.

Estes serán os cortes de tráfico e de accesos que se van aplicar:

-Cerqueiras, Vilar e Campelo : O acceso a estes lugares quedará cortado por discorrer o treito en cuestión pola pista principal de acceso ós mesmos, polo que os veciños que teñan previsto acudir ou saír de ditos lugares deberá facelo con antelación á hora de corte do tramo. Estableceranse dúas franxas nas que será posíbel o acceso/saída destes lugares, que serán ás 15: 30 horas e ás 19:30 horas.

-Ourille: As persoas que teñan previsto desprazarse, retirarán os vehículos para a pista que vai a Pastoriza, podendo utilizar ese itinerario alternativo.

-Pastoriza: A saída e acceso a este lugar será polo itinerario alternativo polos concellos de Boiro e Lousame.

-Acceso aos lugares: O acceso será dende o cruce do Treito ás horas sinaladas, polo que hai que estar con antelación e comunicarllo ao comisario de carreira que se atopa no lugar.

-Saída dos lugares: A saída será dende o cruce de cada lugar co circuíto ás horas sinaladas, polo que hai que estar con antelación e comunicarllo ao comisario de carreira que se atopa en dito cruce.

-Emerxencias Sanitarias: Nos lugares afectados polo circuíto, as emerxencias sanitarias serán atendidas en primeira instancia polas ambulancias que cobren a proba.

-Servizos de Asistencia ó fogar e eventos: A organización facilitará o cumprimento dos servizos e eventos nos horarios habituais. A Policía Local rianxeira prega a colaboración da veciñanza, para que, se hai alguén que teña previsto a utilización dos vehículos nas franxas horarias sinaladas, “se persoe nos lugares de incorporación con antelación suficiente para evitar contratempos e esperas innecesarias”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.