A Pobra incentiva as compras na praza de abastos coa campaña “Consigue Caramiñas, Comparte Nadal”

17 Novembro 2023

O Nadal trae consigo unha serie de preparativos onde as comidas constitúen un dos principais focos de atención. Na súa firme aposta por incentiva-las compras do produto da proximidade e pór en valor o mercado municipal e os/as mercadores/as da praza, a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal impulsa a campaña Consigue Caramiñas, Comparte Nadal,
que sorteará entre a clientela da praza de abastos o importe da compra da cea da Noiteboa e da fin de ano.
Xunto coa presidenta da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos, Noelia Hermo, a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, declara que esta é a primeira da batería de accións que pon en marcha a Administración local para estas datas. Ademais, fai referencia a que a decoración que loce o mercado municipal é un claro exemplo do espírito propio desta época, de compartir, pois foi elaborada polas persoas usuarias do centro de día, a Asociación de Amas de Casa e rapazada participante no programa socioeducativo Aníma-te.
A campaña estenderase do día 20 de novembro ao 21 de decembro e, por cada dez euros de compra, entregarase un boleto dunha caramiña.
Deberanse cubri-los datos e depositar nunha das urnas que haberá no interior da referida instalación municipal.
Nese tempo efectuaranse dous sorteos: o primeiro será no día 15 e o segundo no día 21. E cada un constará de tres premios: un primeiro de 600 euros, un segundo de 400 euros e un terceiro de 200 euros. Estes serán en formato de vale/caramiñas para trocar por produtos nos postos do mercado (ata o día 23 para a cea da Noiteboa e ata o día 30 para a cea da fin de ano).

Outros artigos

O PSdeG de Ribeira acusa ao PP de atrasar a residencia de maiores

O PSdeG de Ribeira cargou contra o novo anuncio da futura residencia de maiores e asegurou que non supón “ningunha solución real”, senón un novo atraso que pode prolongar durante anos a chegada dun servizo considerado esencial para o municipio. Os socialistas critican...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.