A Pobra despide as XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán coa tradicional ofrenda cívica e unha nova exposición

04 Novembro 2023

A Pobra do Caramiñal volveu render tributo un ano máis a Valle-Inclán, e xa vai un cuarto de século. O Cantón da Leña converteuse en escenario da tradicional ofrenda cívica coa asistencia de membros da corporación municipal e veciñanza que se quixo sumar aos actos que marcaron o remate da vixésimo quinta edición das xornadas de homenaxe.
Na súa intervención, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, puxo en valor os vinte e cinco anos de traxectoria desta axenda, que, en cada convocatoria, e co traballo diario da institución museística, buscan aviva- lo ronsel valleinclaniano e poñer A Pobra do Caramiñal no mapa literario mundial.


A este respecto tamén se pronunciou o alcalde, José Carlos Vidal, quen, ademais, se referiu ao seu primeiro contacto coa obra de Valle-Inclán: a lectura de La lámpara maravillosa coa que descubriu a un escritor cuxa fama e talento transcende España e se estende a todo o ámbito internacional.
No acto tamén participou o director xeral da Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen reiterou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa tan relevante para o eido cultural.
E, xa centrándose nos fondos do Museo, interviñeron o seu director, Antonio González, e o investigador Xaquín del Valle-Inclán Alsina.


Ámbolos dous estableceron un breve preámbulo sobre a nova exposición da sala de Iconografía da propia institución museística, a cal abriu ao público unha vez colocado o arranxo floral a carón do monumento de Valle-Inclán ao son do himno galego con Trécola.
Baixo o título “Locus amoenus”. Obxectos persoais do escritor, da colección de Xaquín del Valle-Inclán Alsina, a dita mostra está integrada por contidos orixinais únicos como, por exemplo, un bureau, varios bastóns, tarxetas, uns botíns, un chapeu, clixés tipográficos ou dúas petilleiras.

Outros artigos

Luns con chuvascos intermitentes diminuindo pola tarde

Tras o paso da fronte da xornada anterior, Galicia queda este luns na área de chuvascos. Agárdase unha xornada de ceo cambiante e chuvias intermitentes que irán remitindo ao final do día; poderán ser de neve por riba dos 1200 metros. As temperaturas seguirán sen...

+

A Pobra prende as luces de Nadal

Numerosa veciñanza achegouse na tarde deste 2 de decembro á praza Alcalde Segundo Durán para asistir ao acto de acendemento do alumeamento do Nadal. Foi un evento organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais. Animadas pola charanga Xuntanza e cun dos elfos de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

“Amor se escribe con H intercalada, Ahmor”. Manuel Dominguez

Me explico, si pronuncias amor, como habitualmente, nada ocurre, pero, si pronuncias amor con h, entonces tienes que inspirar aire, actúas con el diafragma, inhalas e inhalando aire, es el sentimiento del amor. Ese suspiro que causa la h del amor, es único. Me gusta...