A Mancomunidade Barbanza Arousa brinda o seu apoio ao Certame de Curtas Asociación Alberto Romero

22 Novembro 2023

Este 22 de novembro formalizouse a sinatura do convenio para a celebración do oitavo Certame de Curtas Alberto Romero, festival da nosa comarca que leva o nome do escritor, divulgador, comunicador e dinamizador cultural palmeirán, cuxo prazo de presentación de contribucións abriu o 1 de outubro e pecha o 28 de febreiro do ano vindeiro. Participaron no acto o presidente da Mancomunidade, José Ramón Romero; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; a concelleira de cultura de Ribeira, Antía Alberte e a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro. En representación da Asociación Cultural Alberto Romero participou Santiago García.

Segundo sinalaron, o Certame de Curtas Alberto Romero constitúe “un exemplo claro da aposta deste territorio pola posta en valor dos proxectos creativos de tódalas idades e que conta con moi boa acollida entre o público en xeral”. Nel participan nenas e nenos dende Primaria ata rapazas e rapaces de Bacharelato, ademais de dispoñer dunha categoría para usuarios dos centros de diversidade funcional e outra categoría libre, aberta a todos aqueles que queiran participar.

Así mesmo, este ano conta novamente coa categoría de premios Barbanza Arousa, aberta a todos os públicos e a toda Galicia e na que se van propoñendo temáticas no eido turístico e de valorización do territorio. Esta categoría implantouse o ano pasado con contidos relacionados co Camiño de Santiago e, desta volta, abrangue a temática da enogastronomía, na que se inclúen os oficios relacionados coma a pesca, marisqueo, conserva ou viticultura. Segundo explicaron os responsábeis de Barbanza Arousa, esta temática atópase na liña de desenvolvemento do Plan de Sustentabilidade Turística da Mancomunidade, que se denomina Viaxe a Través dos Sabores, mediante a cal faise unha aposta por consolidar no eido turístico os viños da IXP Terras do Barbanza e Iria así coma o produto do mar, tanto fresco coma en conserva.

“Este convenio supón para a mancomunidade un fito máis na aposta pola profesionalización e mellora do eido cultural así coma a consolidación do turismo cultural e creativo coma unha forma de posicionamento do territorio”, salientou José Ramón Romero, presidente da entidade supramunicipal do Barbanza e alcalde de Boiro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.