A gobernanza de Barbanza Arousa, caso de éxito nun encontro internacional de sustentabilidade, turismo e innovación

11 Novembro 2023

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, participou no encontro internacional Sustentabilidade, Turismo e Innovación en Valencia. Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade, formou parte dunha mesa redonda; xunto con representantes da Deputación de Segovia, concello de Alcoy e o concello de Torrent entre outros. Expuxo o modelo de gobernanza turística que se está a levar a cabo na entidade e que é clave para o desenvolvemento turístico do destino.

Afondou tamén nos ambiciosos obxectivos do ente entre os que destacan a desestacionalización, o incremento da pegada económica por turismo e o posicionamento como destino enogastronómico e xacobeo de referencia. Asemade, puxo o foco na estratexia para a consecución dos mesmos, baseada “na colaboración público-privada, dando voz aos axentes do sector para o seguimento dos proxectos, así como a definición e execución de actuacións de forma cooperativa”. Exemplos coma as mesas de traballo para a elaboración da estratexia para concorrer ao Plan de Sustentabilidade Turística ou a implantación de distintivos de calidade son algunhas das iniciativas levadas a cabo neste senso, dixo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.