A Fundación Catedral de Santiago publica o libro de órgano de Joaquín Sánchez

29 Novembro 2023

A Fundación Catedral de Santiago continúa co seu proxecto de difusión do patrimonio musical que se custodia no Arquivo Capitular. Nesta ocasión, o músico galego Joam Trillo realizou a transcrición e edición crítica do Libro de órgano de Joaquín Sánchez, un dos tres libros de órgano que se conservan no Arquivo Musical da Catedral de Santiago. Aínda que non se sabe exactamente como chegou á catedral, este caderno está datado en 1769. É posible que o trouxera de Madrid Melchor López, xunto cos outros dous libros de órgano que existen, porque, certamente, non foi o propio Joaquín Sánchez o que deixou o seu libro en Santiago, pois non consta que el estivese nunca nesta catedral. A esta nova publicación incluíronselle en apéndice as sonatas que se conservan no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, por iso recibe o nome “Obra completa para tecla. Libro de órgano e sonatas”. O volume pódese adquirir as Tendas da Catedral.
A publicación deste libro súmase á colección de cinco discos editados nos últimos meses e que conforman a serie “A música da catedral de Santiago”, tamén dispoñible nas tendas da catedral, e nas principais plataformas de música en liña. De feito, as obras do Libro de Joaquín Sánchez graváronse para o volume IV da colección, na Catedral de Segovia coa colaboración do organista Roberto Fresco. Elixiuse o instrumento da sede segoviana pola similitude co instrumento da sede compostelá no século XVIII.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.