A Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en Intelixencia Artificial e economía circular

20 Novembro 2023

A Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en Intelixencia Artificial, Biotecnoloxía, audiovisual e economía circular, todos eles, en palabras da institución provincial, “ámbitos industriais e estratéxicos para o futuro da provincia”. Así o confirmou a deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, ao remate da reunión que mantivo na sede da institución provincial coa xerente do Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Ana Botas. Unha xuntanza que serviu para sentar as bases de colaboración entre ambas entidades de cara a unha provincia máis sustentábel e intelixente na xestión de recursos, sinalaron.

“Para a Deputación, constitúe unha prioridade avanzar na economía circular no ámbito provincial, así como na mellora da xestión actual de residuos e na redución da pegada ecolóxica, mediante un uso máis eficiente dos recursos do noso territorio e impulsando e apoiando a posta en marcha de proxectos e estratexias de economía circular no ámbito local”, explicou Rosa Ana García, que destacou que “a experiencia de Viratec neste ámbito é fundamental na busca de solucións ambientais no ámbito local”.

Cometidos de Viratec

O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular nace coa misión de incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais. Trátase dun “ecosistema de cooperación pública-privada e entre empresas que xera sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promove a I+D+i, mellora a formación e crea oportunidades de internacionalización, para contribuír ao desenvolvemento sustentable da sociedade galega e a preservación do seu medio ambiente, baixo os principios da economía circular”.

A visión do Clúster é a de “ser un referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, a nivel local, nacional e internacional”.

As tecnoloxías ambientais son polo tanto unha das grandes prioridades, claves para “a consecución do desenvolvemento sustentábel”. Segundo explican fontes de Viratec, a enxeñería ambiental leva anos axudando a afrontar os problemas ambientais de forma integral, tendo en conta as variábeis sociais, económicas, ecolóxicas e tecnolóxicas”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...