A Delegación do Goberno lanza campaña nas redes para combater a violencia de xénero na mocidade

23 Novembro 2023

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presentou este xoves 23 de novembro as actividades da Delegación para conmemorar o 25N en Galicia (Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres) e as propostas do Executivo para seguir combaténdoa. Segundo fixo saber, a campaña da Delegación pon o foco nas redes sociais co obxectivo de chegar á mocidade e diríxese a promover entre a xente nova a reflexión, sensibilización e concienciación ao redor da violencia de xénero.

María Rivas destacou a importancia deste tipo de campañas xuvenís: “A seguridade e protección ás vítimas é só unha parte do labor que realizamos desde o Goberno para a loita contra a violencia de xénero; pero tamén hai que facer outro tipo de traballo de formación en materia de igualdade e no ámbito da prevención, especialmente dirixido á mocidade, para asegurarnos de que elas e eles non continúen tolerando e exercendo comportamentos machistas”.

A campaña ten como obxectivo axudar a distinguir comportamentos tóxicos e machistas que se poden dar dentro dunha relación; e informar sobre a incidencia deste tipo de violencia a través dos datos e estatísticas relacionadas con distintas situacións. Desta forma, dixo, “trata de evidenciar as mensaxes perpetuadas polo patriarcado, como o control a través da aparencia física ou a limitación da privacidade ao pedir os contrasinais dos móbiles”.

No que se refire a cifras contra as que loitar, Rivas recordou datos como que o maior aumento do número de vítimas de violencia de xénero deuse entre mozas menores de 18 anos, un 28,6%; ou que o 25% das adolescentes entre 16 e 17 anos sufriu violencia psicolóxica e que esta porcentaxe sube ata o 24% se collemos a franxa de 16 a 24 anos, moitas veces manifestada a través do control das claves do móbil (o 15% dos mozos controla as súas parellas a través do móbil).

A campaña leva como guía un xogo de palabras arredor de Crush: un termo usado frecuentemente pola mocidade que se refire ao sentimento de forte atracción que podes sentir por unha persoa, unha parella ou un ligue; e Catacrush que podería asimilarse a Catástrofe, para así contrapoñer un verdadeiro crush a un desastre de relación cunha persoa que realmente non quere a súa parella dunha forma sa. Así, o final de cada publicación insta a preguntarse si non é #crush, é #catacrush.

Rivas engadiu que as imaxes que forman parte da campaña adoptan un formato familiar para a xente nova, imitando o interface utilizado por unha popular aplicación de citas, que conta cun botón deGústame e outro de Non me gusta para aceptar ou rexeitar coñecer á persoa que te mostra a aplicación móbil; neste caso substitúense por Crush ou Catacrush para poñer énfase na idea de rexeitamento aos comportamentos machistas.

A campaña en redes desenvólvese ao longo desta semana nos perfís oficiais de Twitter e Facebook da Delegación do Goberno en Galicia, e está enmarcada dentro das actividades organizadas pola subdelegación do Goberno na Coruña con motivo da celebración do 25 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.