A Casa da Cultura do Son é o escenario este mércores dunha peza teatral contra a violencia nas escolas: “O pequeno poni”

22 Novembro 2023

O Concello de Porto do Son impulsou esta semana unha manchea de actividades co gallo da celebración do 25N (Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres). Unha destas actividades é a representación da peza teatral xuvenil O pequeno poni, de Redrum Teatro Compañía. Será este mércores ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Porto do Son. Está convidada a participar a mocidade de cuarto da ESO e primeiro de Bacharelato.

A obra ponnos na pel de Luismi, un neno de dez anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, O meu pequeno poni. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.

Esta obra está inspirada nos feitos reais que tiveron lugar en Estados Unidos durante o ano 2014.

Máis actividades do 25N en Porto do Son

O Concello de Porto do Son programou actividades para desenvolver en diferentes puntos do municipio con motivo do 25N, Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda comezou este 20 de novembro no IES de Porto do Son cunha charla informativa sobre agresións sexuais para o alumnado de 3º da ESO. Prosegue na mesma xoranda cun escape room no CEIP de Xuño, para o alumnado de Primaria.

Como dixemos, este 22 de novembro o programa continúa co espectáculo teatral O Pequeno Poni, de Redrum Teatro, a partir das 12.00 (na Casa da Cultura do Son para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato).

O 25 de novembro celebrarase un curso de Aquagym (Soom Management) na Piscina Municipal. Será unha actividade aberta a toda a veciñanza. Levarase a cabo de 10.00 a 13.00 horas. As inscricións cómpre facelas na Piscina (até o 22N) ou chamando ao 604 051 189.

O programa rematará cun curso de defensa persoal (Escuela de Boxeo El Canario) para o alumnado de primeiro de Bach. Será no IES Porto do Son, os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.