A Academia Xacobea celebrará o martes 14 de novembro a xornada xacobea Camiño da Ría de Muros Noia Portus Apostoli

10 Novembro 2023

A Academia Xacobea celebrará o vindeiro martes 14 de novembro unha xornada xacobea, denominada “Camiño da ría de Muros e Noia Portus Apostoli”, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia.
Un evento que foi presentado esta mañá no salón de plenos de Lousame pola presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, Teresa Villaverde; o concelleiro de Cultura do Concello de Noia, José Pérez; e o catedrático emérito da USC e membro numerario da Academia Xacobea Agustín Dosil Maceira.
Oficialización do Camiño
Teresa Villaverde agradeceu o traballo realizado tanto por Agustín Dosil como por José Pérez para que esta iniciativa teña lugar en Noia xa que “todo o que sexa apoiar o noso Camiño é unha satisfacción e unha boa noticia”. Así, asegurou que “temos moito traballo realizado de recompilación, investigación e divulgación, pero aínda queda un traballo importante por diante e eventos coma este son un paso máis de cara a conseguir o que todos desexamos: a oficialización do Camiño da Ría de Muros Noia, xa que é de xustiza e imos seguir esixindo”.
Neste sentido, volveu agradecer ao Arcebispado de Santiago, “tanto ao actual arcebispo como ao seu predecesor, polo seu recoñecemento como camiño de peregrinación e que os peregrinos poidan obter a Compostela. Uns peregrinos aos que tamén temos que agradecer a súa aposta por este Camiño, procedentes de moitas partes do mundo”.
Pérez: “Falta un pequeno impulsiño”
Un punto, o da oficialización do Camiño, no que tamén incidiu José Pérez, para quen esta visita da Academia Xacobea “é un acto moi importante” xa que “é un pasiño máis para divulgar o noso Camiño a Santiago”. Así, José Pérez destacou que na Gala Xacobea do
Coliseo Noela “xuntaranse todos os Concellos do Camiño pola Ría de Muros Noia, o conselleiro de Cultura e o arcebispo de Santiago. Todos as persoas e entidades que teñen decisión na oficialización do Camiño estarán xuntas. Sabemos que hai boa vontade, pero nos falta aínda un pequeno impulsiño, como dixemos hai uns días no Fairway”.
Por outra banda, José Pérez destacou a cesión das instalacións do edificio Casino de Noia, “que se poñen a disposición da Academia Xacobea para esta e futuras reunións que queiran realizar” e animou á veciñanza a participar na Gala Xacobea, que terá lugar ás 20:00 horas no Coliseo Noela. De entrada libre e de balde. “Un evento no que participarán distintas autoridades e no que se detallarán os feitos históricos que xustifican o recoñecemento oficial do Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia como Camiño Oficial pola Xunta de Galicia”, concluíu José Pérez.
Finalmente, Agustín Dosil animou tamén á veciñanza a participar na Gala Xacobea no Coliseo Noela pois “pode supoñer un antes e un despois no proceso de promoción desta Ría entre os Camiños de Santiago”. Así, asegurou que “falta aínda un trámite administrativo que agardamos que, co respaldo das investigacións sobre a historicidade realizadas, quede en
evidencia da existencia destas peregrinacións”.
Xornada Xacobea
A Xornada Xacobea dará comezo ás 10:00 horas, coa recepción dos integrantes da Academia Xacobea no Concello de Noia e o inicio dun periplo polo itinerario do Camiño de Santiago en cada un dos municipios, onde serán recibidos polas correspondentes autoridades municipais. O percorrido comezará ás 10:00 horas en Noia e seguirá por Muros (10:45 h), Outes (12:00 h), Porto do Son (13:15 horas) e Lousame (14:30 horas).
Ás 17:30 horas terá lugar o acto solemne da Academia Xacobea no Casino de Noia, instalacións cedidas polo Concello de Noia para que a Academia poida celebrar as súas reunións e actividades. Tras a inauguración destas novas instalacións cedidas polo Concello
de Noia e a intervención das autoridades civís e eclesiásticas presentes, terá lugar o acto de ingreso de 5 novos membros á Academia Xacobea.
Finalmente, ás 20:00 horas, o Coliseo Noela acollerá unha Gala Xacobea aberta a todo o público con intervencións culturais e musicais. Están previstas intervencións por parte do presidente da Academia Xacobea e de representantes da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, que se encargarán de explicar os feitos documentados que corroboran a historicidade desta ruta xacobea.
Esta xornada xacobea está promovida pola Academia Xacobea, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros e Noia, e conta co apoio de organizacións culturais e sociais da bisbarra, feligresías da Ría de Muros Noia, do Arcebispado de Santiago de Compostela e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Domingo con chuvia feble e temperaturas sen cambios

Situación intermedia entre altas e baixas presións en Galicia. Deste xeito, agárdanse ceos con abundantes nubes, con chuvia feble na franxa atlántica e menos probables no norte da Coruña e nas provincias de Lugo e Ourense. As temperaturas mínimas experimentarán...

+

Colisión múltiple en Cee

Un accidente múltiple con seis turismos implicados no concello coruñés de Cee, saldouse esta tarde con unha persoa ferida. O accidente ocorreu minutos antes das 14:30 horas, na DP-2303, no quilómetro aproximado 11, ao seu paso pola parroquia de A Pereiriña. Foi un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...