“25 de novembro: A loita das bolboretas”. Antón Luaces

24 Novembro 2023
Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, tres xoves dominicanas foron brutalmente asasinadas e guindadas a un cavorco en 1960 por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo. O seu delicto foi pertencer á resistenza naquela convulsa década formando parte do Movemento Revolucionario 14 de Xuño contra Trujillo e o seu réxime ditatorial. A data da morte destas activistas transformóuse en toda Latinoamérica  coma unha homenaxe á súa loita, coñecida como das “bolboretas”. Foi a orixe da decisión de Nacións Unidas, en 1979, de aprobar a  convención sobre a eliminación de todo xeito de discriminación da muller, que permitiu converter o 25 de novembro no Día da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, proposto no primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e o Caribe, en 1981, como Día de Loita contra a Violencia de Xénero.Dez e oito anos máis tarde (1999) a ONU recoñeceu esta data como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O obxectivo non foi outro que visibilizar, denunciar e reclamar políticas públicas para a erradicación das violencias ás que son sobmetidas como vítimas as mulleres a nivel mundial: violencia física,  psicolóxica e mesmo simbólica, que se expresan en termos económicos, políticos, culturais, laborais e sociais que determinan que, a día de hoxe, os dereitos e liberdades da muller non sexan iguais aos dos homes.Datos estimativos barallados internacionalmente calculan unn 60% das mulleres padece ou padecerá algún tipo de violencia na súa vida e que existe unha fenda salarial que fai que a muller gañe arredor dun 30% menos que o varón e que só un 7% delas accede a cargos xerárquicos ou espazos de poder. Tamén que as taxas de desemprego afectan en maior medida ás mulleres que aos homes.No que atinxe aos malos tratos, en España morreron 53 mulleres por violencia de xénero (1.237 desde o ano 2003). Galicia non contabilizou ningunha morte de muller por violencia de xénero no que vai do ano 2023, pero sí sumou 27 vítimas en 20 anos.O asasinato das tres irmáns dominicanas ergueu en todo o mundo un movemento de protesta que, nos últimos anos, é asumido cada vez máis por maior número de homes, algo sumamente necesario dado que a violencia no trato en calquera aspecto da vida emana na maioría dos casos do  varón. Unha modificación neste senso vai influir -de feito inflúe xa- na redución desas cifras. E non por simple efectoestatístico, senon de pura convivencia.Para que as bolboretas podan voar en plena liberdade. Polo menos coa mesma liberdade que o home. Aquí vai o meu lazo lila. Por cada unha. Por todas.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.