Xornadas por un Monte Vivo o 28 e 29 de outubro en Taragoña e Rianxo

10 Outubro 2023

O sábado 28 e domingo 29 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña e Leiro (Rianxo) para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio, visibilizar boas prácticas das comunidades de montes e inspirar a outros axentes a traballar en rede cara a unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios.

Esta fin de semana repleta de actividades busca informar á cidadanía sobre a importancia da xestión activa e custodia do territorio como garantes de sustentabilidade social, económica e ambiental.

Sábado 28 de outubro
Campo Maneiro de Taragoña e inmediacións

Domingo 29 de outubro
Centro cultural Vicente Vidal de Leiro e arredores

Promoven as xornadas

− Plataforma pola Defensa do Monte

− Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Coa colaboración de

− CMVMC de Baroña
− Fundación Montescola, Verdegaia e Brigadas Deseucaliptizadoras
− CEP Brea Segade
− IES Félix Muriel
− O Baixo Ulla

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.