Unha nova liña de bus conectará O Barbanza cos hospitais de Santiago

06 Outubro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, compareceu este venres 6 de outubro para valorar o establecemento dunha liña de bus que conectará O Barbanza cos hospitais de Santiago; segundo o anuncio da Xunta de Galicia esta semana. Compareceu na compaña dos veciños do concello Fran Torrado e Mari Pena, quen sinalou que se trata dunha demanda que se lle vén achegando ao Goberno autonómico dende hai dous anos, “a través da mancomunidade”. Pola súa parte, o rexedor afirmou que “dende o Concello de Ribeira acompañouse esta reclamación porque consideramos que era necesaria para mellorar o servizo de transporte público”.

Mari Pena, Luís Pérez e Fran Torrado nunha imaxe de Alba Cambeiro (Concello de Ribeira)

O alcalde congratulou a tódalas persoas que reivindicaron este servizo e agradeceu o seu traballo de concienciación social.

Luís Pérez tamén destacou a problemática situación das liñas regulares dende a comarca ata Santiago de Compostela e co transporte escolar. “Vemos incumprimentos flagrantes coa empresa concesionaria do servizo público de transporte e dende o Concello estamos mantendo a vixilancia a través dos efectivos da Policía Local”. Segundo explicou, estanse a levantar actas con tódolos incumprimentos rexistrados co propósito de reclamar solucións á Xunta de Galicia, autoridade competente en materia de transporte.

“Necesitamos que a Consellería abra expedientes sancionadores, no caso de ser necesarios, para que o transporte público na nosa comarca funcione de xeito correcto,”, sinalou, engadindo que o Concello está a traballar con Monbus para mellorar as liñas regulares no municipio, o transporte escolar e tamén a conexión con Santiago. “Seguiremos velando por que se cumpra o servizo acordado”, concluíu.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.