A borrasca Ciarán entrará en Galicia o mércores e traerá refachos de vento de ata 100 km/h e temporal costeiro

31 Outubro 2023

Estamos ás portas da primeira gran borrasca deste longo episodio ciclónico que nos traerá outra gran borrasca a fin de semana coa chegada do ciclón Ciarán.

As imaxes de satélite móstrannos bandas nubradas sobre as que se asenta a borrasca Ciarán. Nestes momentos atópase a un 2.300 qm ao noroeste da península, cunha presión mínima central ao redor dos 990 hPa.
A borrasca vai desprazar a gran velocidade nas próximas horas, situándose este mércores xa ao norte da península.
O xoves situarase ao sur das illas británicas cunha presión mínima central de 950 hPa. É unha presión mínima central moi baixa, que vai provocar un intenso gradiente con ventos tempestuosos.

Prognóstico para o mércores 1 de novembro Todolos Santos

Despois do paso da fronte durante a madrugada, a xornada do mércores será de chuvascos. A partir do mediodía irase achegando unha profunda borrasca que deixará chuvias máis intensas cara á noite. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas apenas terán cambios. O vento soprará do suroeste, en terra moderado pola mañá, aumentando a forte, con refachos moi fortes co avance da tarde. No mar, ventos fortes aumentando a moi fortes en todo o litoral.

Prognóstico para o xoves 2 de novembro Defuntos

O xoves Galicia queda na influencia dunha profunda borrasca que se situará sobre as Illas Británicas e que deixará unha xornada de ventos e chuvias intensos, con entrada de aire frío. Así, os ceos estarán nubrados, con chuvias ocasionalmente acompañadas de sarabia. A cota de neve situarase arredor dos 1000 metros de altitude, puntualmente máis baixa nas horas centrais do día. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes na franxa costeira e zonas altas.

O noso mar:

Atención para mércores 01 Temporal no mar na segunda metade do día, con ventos moi fortes e moito mar. Refachos superiores aos 100 km/h en moitas comarcas do litoral e zonas altas do interior.

Atención para xoves 02 Vento forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes en toda a franxa costeira e zonas altas. Acumulacións de 5 cm de neve por riba dos 1.000 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.