“Tía Manuela: A rebusca non dá fartura”. Luís Celeiro

05 Outubro 2023


Eles non tiñan nada e os que máis tiñan eran pobres, os seus cans de calquera raza que fosen, morrían de fame. Eran tempos difíciles, tan malos tempos como os de hoxe para a xente que pasa fame, que morre de fame xunto ao can famento. Di que hai no mundo máis de setecentos millóns de persoas que viven en situación extrema de pobreza, sen poder atender as necesidades básicas, sen atención sanitaria, sen educación, sen auga, sen saneamento, sen nada que lles poida axudar e coa morte indignamente apertándollelo estómago e o peito.
Aquí aínda non coñecemos esas situacións tan extremas, pero observamos como os políticos andan desenfreadamente na rebusca dos votos, na rabuña, ás caladas ou case que ás escondidas, nas praderías dos partidos, dos cotos pechados dos amigos e dos inimigos ou adversarios no campo ideolóxico.
Para algúns o rebusco non foi eficiente, no lles quitou a fame da casa, non lles aportou ren, deixounos tal como eran, co deles e nada máis. Outros van en roga, como se fosen á seitura, cada un co seu fouciño, na rebusca do voto necesario. Todos andan na rebusca, nun eido de labradío ben labrado, pero co froito moi aproveitado.
O tempo da rebusca das uvas é o outono, igual que o das castañas, nos soutos mondados ou abandonados, empobrecidos como os seus amos, como os pobos onde vivían os que os plantaron. Para rebuscar e apañar votos no Congreso valen tódolos meses do ano, pero cómpren luvas brancas de seda para repartir o apañado.
Un amigo labrego, dos pobres labregos de Galicia, dos que venderon as poucas vacas que tiñan, gaña para comer da rebusca. Apaña castañas nos soutos, mazás nos camiños, patacas nas leiras aradas, verzas nunha horta calquera, e vai tirando, comendo, bebendo e votando a quen lle parece conveniente. Despois de votar considera que o labor está feito e -segundo di- “para gobernar e mandar, son eles os que se teñen que apañar, aínda que tal como se ve, cada un rebusca para si ”.
Cada un para si e uns contra dos outros. Os homes e as mulleres que andan na política a bo seguro que, fóra dos períodos electorais, non lles importa o pensar deste labrador que, con iso de cota si, cota non, quedou sen nada, sabendo que, como di a Tía Manuela, “a rebusca, se é para moitos, non alcanza para fartura”. Rebusca ou rebusco, xa saben que é o mesmo.
En feminino e en masculino para coller o que sexa sen problemas, para encher o cesto co que se pille. Coidado coa colleita!

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...