Stop Deshaucios pide solucións para unha familia de pensionistas de Noia con desaloxo fixado para o 14 de decembro

19 Outubro 2023

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza compartiu esta semana a situación delicada pola que está a pasar unha parella de Noia que vive en serio risco de quedar na rúa e sen solución firme e estábel de tipo habitacional. A plataforma fixo saber que a familia vive pendente dunha data de desafiuzamento fixada polo Xulgado número 1 de Noia para o día 14 de decembro. O fogar, lembran dende Stop Deshaucios, está composto por un matrimonio de pensionistas sobre os que pende unha execución hipotecaria interposta polo Grupo Inmobiliario Global Pantelaria.

A familia atópase en seria situación de vulnerabilidade xa que un deles só cobra unha pequena pensión e o outro cónxuxe non percibe ningún tipo de prestación, e que están defendidos por unha avogada de oficio. Desde a Plataforma Stop Desafiuzamentos está a negociarse coa entidade inmobiliaria, de acordo co estipulado na Lei 1/2013, o Código de Boas Prácticas e a nova Lei de Vivenda un Alugueiro Social, para que a familia poida continuar na vivenda habitual.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.