Servizos Sociais Comunitarios de Ribeira impartirá un curso de axuda no fogar

25 Outubro 2023


O Concello de Ribeira, a través da concellería de Servizos Sociais Comunitarios, vén de publicar as bases para a selección do alumnado do Curso de Programa de Axuda no Fogar: hixiene persoal e mobilización de persoas dependentes.

“O propósito desta actividade formativa é proporcionar formación e cualificación laboral ás persoas usuarias dos servizos sociais para mellorar a súa empregabilidade”, explicou o concelleiro Vicente Mariño, engadindo que “a profesionalización deste tipo de coidados pode proporcionar oportunidades laborais no ámbito da atención sanitaria”.

A selección das persoas participantes farase pola orde de presentación no rexistro de entrada das solicitudes de participación, que están publicadas na páxina web do Concello.

O curso realizarase os sábados 11,18, 25 de novembro e 2, 9, 16 de decembro; en horario de 09:00
a 14:00 h nas Aulas de Formación Cristobal Colón.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...