Ribeira organiza este mes a primeira edición das I Xornadas Muller e Saúde

03 Outubro 2023

A concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, e a concelleira de Mocidade, Antía Alberte, presentaron este martes 3 de outubro os detalles da primeira edición das Xornadas Muller e Saúde. Trátase dun programa de charlas promovidas polo Centro de Información á Muller e financiadas pola Escola de Saúde de Cidadáns do SERGAS.

Constarán de catro sesións:

– Menopausia. Celebrarase o vindeiro venres 6 de outubro e está preferentemente dirixida a mulleres de entre 40 e 60 anos.

– Solo pélvico, prevista para o 11 de outubro e dirixida preferentemente a mulleres de entre 30 e 60 anos.

– Endometriose, o día 20 de outubro, destinada a mulleres de entre 14 e 50 anos.

– Menarquía, sesión destinada preferentemente a nenas de entre 10 e 14 anos, a celebrar o 27 de outubro.

O horario de tódalas sesións será de 18:00 a 19:00 horas e levaranse a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...