Ribeira, O Son e Muros repiten Bandeira Verde concedida pola Xunta

20 Outubro 2023

Os municipios da Burela, A Illa de Arousa, Oleiros, Porqueira e Sanxenxo son galardoados por primeira vez e os de Alfoz, Cervo, Curtis, A Laracha, Moaña, Mondoñedo, Muros, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son, Ribeira e Sober revalidan este distintivo

A Xunta reafirma o seu compromiso co fermosismo coa concesión da Bandeira Verde de Galicia a 18 concellos  e coa inclusión no proxecto de orzamentos do vindeiro ano dunha partida de 2 millóns de euros para a concesión de axudas para corrixir impactos paisaxísticos. Así o subliñou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o acto de entrega destes distintivos que tivo lugar, hoxe, na localidade ourensá de Porqueira.

Logo de lembrar que este distintivo ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe, a vicepresidenta segunda, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou que cada vez son máis os concellos que se suman a esta iniciativa. Se na súa primeira edición -2020- se entregaron 2 bandeiras verdes, este ano son 18 os municipios distinguidos, 3 máis que o pasado 2022.

Nesta ocasión, os concellos de Burela, A Illa de Arousa, Oleiros, Porqueira e Sanxenxo son galardoados por primeira vez e os de Alfoz, Cervo, Curtis, A Laracha, Moaña, Mondoñedo, Muros, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son, Ribeira e Sober revalidan este distintivo que outorga visibilidade a estes municipios como territorios responsables.

Nesa liña, a vicepresidenta segunda animou a todos os municipios a presentarse a este galardón que pretende sumar e reflectir o esforzo que as entidades locais están facendo polo futuro de Galicia, grazas a accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; para afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; para xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e para sensibilizar a cidadanía nesta materia.

A maiores, a concesión deste recoñecemento supón, ademais, un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural. E, como novidade desta edición, tamén para a obtención de axudas autonómicas en materia de residuos para construír e mellorar puntos limpos fixos, implantar instalacións móbiles ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.

Durante a súa intervención, Ángeles Vázquez incidiu en que o Goberno galego manterá en 2024 a súa aposta polo fermosismo e a protección da paisaxe. Así, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) disporá dun orzamento de preto de 5,7 millóns de euros, dos que 2 millóns de euros se destinarán á convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos.

Cómpre lembrar que desde a posta en marcha desta iniciativa, en 2021, a Xunta apoiou a máis dun cento de entidades locais e a 1.850 particulares con 7,6 millóns de euros para a execución de obras e actuacións que contribuíron a fomentar a cultura do fermosismo.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou no acto de entrega destes distintivos en Porqueira

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.