Ribeira disporá dun novo estacionamento na zona de Fafián

30 Outubro 2023

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo, e o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez Puerta visitaron este luns 30 de outubro as obras de acondicionamento do novo estacionamento gratuíto en Fafián, ao carón do Cemiterio Municipal. Segundo indicaron, a parcela abrangue 5.800 metros cadrados, “a máis grande habilitada até o de agora”, e terá iluminación e un pavimento de grava grosa que evitará a acumulación de auga nos día de choiva ou de po nos días secos.

“Nunha primeira fase e co propósito de acondicionar o aparcadoiro para Defuntos habilitaranse unhas 250 prazas para que a veciñanza poida estacionar preto do cemiterio pero nunha fase posterior poderá chegar ás 1.000 prazas” explicou o alcalde Luís Pérez. Así mesmo destacou que dende o Concello estase a facer “un esforzo para acondicionar máis aparcadoiros gratuítos en Ribeira” e “para municipalizar o parking do Centenario, que terá unhas tarifas moi reducidas”.

A concelleira Tania Redondo, agradeceu aos traballadores o seu esforzo para acondicionar as prazas “que estarán dispoñíbeis desde este martes 31 mesmo para que a veciñanza poida usalas no día de Defuntos e no día de Todos os Santos.”

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.