Ribeira dará continuidade aos programas de inclusión social e atención a persoas migrantes

18 Outubro 2023

O Concello de Ribeira, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, dará continuidade aos programas de inclusión social e atención a persoas migrantes, “eixes de acción principais en calquera acción de goberno municipal” segundo afirmou o concelleiro Vicente Mariño.
No Programa Básico de Inclusión Social os Servizos Sociais Comunitarios fan unha valoración profesional das situacións de risco ou exclusión social, procurando darlles resposta ou derivar ao recurso idóneo, aplicando proxectos de intervención social persoalizados e prestacións económicas específicas. Neste programa proporciónase información sobre recursos para a cobertura das necesidades básicas, tanto propios, como doutras administracións ou entidades sociais. O obxectivo deste programa é o de mellorar a situación socioeconómica e residencial dos colectivos afectados.
Servizos Sociais tamén ten un programa específico de atención a persoas migrantes. O Concello de Ribeira ten una diversa comunidade migrante que ronda o 5% da poboación total; e a través deste programa proporciónase información útil sobre o funcionamiento dos sistemas de servicios sociais, saúde, educación e emprego; así como tamén se informa e asesora en trámites de extranxería e asilo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...