A segunda edición da Andaina Contra o Cancro Organizada pola delegación ribeirense a AECC (Asociación Española Contra o Cancro) celebrase este 14 de outubro, con saída da praza do Concello ás 17:30 da tarde cun recorrido de 5 quilómetros.

Segundo fixeron saber os representantes do Concello e da AECC na rolda de prensa, de xeito previo á andaina, e “co propósito de facilitar as inscricións e a venda de camisetas”, a asociación estará na Praza do Concello dende primeira hora da mañá, onde está previsto realizar unha demostración de kempo e unha clase maxistral de bailes latinos.
O itinerario, xestionado coa colaboración da Asociación de Veciños de Carreira e Abraham Benítez, é accesíbel para calquera persoa e percorrerá o paseo de Coroso. O custo da inscrición será de 5 euros.



