Ribeira adxudica a instalación de iluminación LED na praza avenida do Malecón

09 Outubro 2023

O Concello de Ribeira adxudicou a instalación de luces LED na praza avenida do Malecón cun presuposto de licitación de 48.394,97 euros.

A praza e o parque infantil son un espazo de recreación pero tamén sitio de paso para o acceso a diversos lugares de interese cidadán; como a Oficina de Consumo e Turismo de Ribeira, o Centro de Saúde ou a Axencia Tributaria. A iluminación existente non é suficiente para garantir a seguridade dos visitantes e o correcto funcionamento do parque; por iso o reforzo lumínico nesta praza pública vólvese esencial para facer un uso axeitado e seguro da zona. O reforzo consistirá na instalación de 3 columnas dotadas de 15 proxectores con ópticas LED.

“Unha iluminación axeitada contribúe a crear unha contorna segura para a veciñanza, especialmente para os nenos que xogan no parque. Permite unha mellor visibilidade, reducindo os riscos de accidentes” afirma o alcalde Luís Pérez.

O proxecto, cofinanciado nun 80% polo “Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible, executarase no prazo dun mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.