Segundo anunciou o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, este novo obradoiro que permitirá formar a 15 alumnos/as traballadores/as nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, así como en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes. A formación práctica desenvolverase en terreos de diferentes comunidades de montes de Rianxo.
Segundo engadiu, prevese que o obradoiro bote a andar a comezos de novembro e en vindeiras datas publicarase a convocatoria de selección do persoal de formación, así como a solicitude de alumnado.




