Rianxo e Portos acadan un consenso para a remodelación e ampliación das prazas de amarre da frota profesional

29 Outubro 2023

O porto de Rianxo nunha imaxe de obaixoulla.gal

Portos de Galicia colaborou co sector portuario de Rianxo para acadar un proxecto de remodelación e ampliación de prazas de amarre que satisfixera a todas as partes implicadas. Nunha reunión de traballo do presidente do ente público, José Antonio Álvarez, cos representantes da confraría de pescadores, bateeiros e Concello, acordouse de maneira  conxunta dar trámite á proposta de Portos de Galicia que contempla prazas de amarre en peirao flotante para o total da frota que opera a día de hoxe na localidade.

O presidente de Portos remarcou que “desde o ente público traballouse durante meses na avaliación de varias alternativas técnicas para ampliar as instalacións de amarres de Rianxo”. Inicialmente, engadiu, estas alternativas “estiveron baseadas no cambio de localización das instalacións náutico-recreativas, que estaba a tramitar o club náutico”. O presidente tivo que remodelar a proposta, adaptándoa á configuración actual do porto ante o recente desistimento do club en relación ao traslado.

A proposta final contempla prazas de amarre para os preto de 300 usuarios actuais desta instalación “recolocando as embarcacións nas prazas máis axeitadas para as súas características”, explicou Álvarez, engadindo que “o novo emprazamento da frota permitirá a eliminación dos amarres ao peirao”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.