
O grupo de voluntariado Turbina, con ámbito de actuación en Boiro, completou unha nova edición do Túnel do Terror para festexar o Samaín. O sábado preto de 900 pasaron polo Local Leñaverde do Centro Social de Boiro para desfrutar dunha tarde de Samaín
A actividade contou con pases para público diferenciado, una delas para visitantes de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos e outra delas para público xuvenil de máis de doce anos. “Os rapaces e rapazas de Turbina fixeron un traballo espectacular, tanto na caracterización do espazo como na interpretación”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral, que tamén asistiu a un dos pases.
No percorrido polo túnel estiveron participando 30 persoas do grupo de voluntariado Turbina nos distintos espazos e escenarios que tiñan preparados e caracterizados para dar medo ás persoas asistentes.



