O Concello de Rianxo compartiu a listaxe de actividades culturais organizadas pola Área de Cultura municipal, así como das entidades con sede no termo, programadas para esta primeira semana de novembro. Haberá presentacións de libros (Fremosas de Barahúnda), festas do magosto (no Araño este sábado) e espectáculos teatrais (O auto de Castromil de Excéntricas, con Quico Cadaval, este sábado; e máis a versión de Airiños do clásico de Castelao As vellas non deben de namorarse).

VENRES 03 DE NOVEMBRO
- 20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Presentación do libro Fremosas. Cantigas de amigo e de amor de Barahúnda. Máis información

SÁBADO 04 DE NOVEMBRO
- 16.45 h. Centro Social da Capela (Araño). Magosto no Araño. Máis información.
- 20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo).Teatro, O auto do Castromil co producido por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego. Máis información

DOMINGO 05 DE NOVEMBRO
- 19.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Teatro, As vellas non deben namorarse a cargo de Teatro Airiños. Máis información
EXPOSICIÓNS:
- 90 ANIVERSARIO DO GRUPO DE TEATRO AIRIÑOS: do 14 de outubro ao 05 de novembro
Máis información nos carteis anexos e no sitio web do Concello de Rianxo. Máis información.



