
Os anos ensinan do mesmo xeito que a experiencia permite distinguir entre o ben e o mal e non, precísamente, por cuestións relixiosas, se ben neste caso a relixión -para ben e para mal ao mesmo tempo- ten tamén o seu rol.
Oriente Medio segue a ser o obxectivo. O epicentro da cuestión, mentres o mundo enteiro xira arredor dun territorio cuxo nome está escrito con sangue. Coma sempre e sen remedio á vista desde tempo inmemorial.
Meniños decapitados, cativos, homes e mulleres destrozados polas bombas, nais e pais a exercer -nun e noutro lugar- de anxos protetores para protexelos do inferno de metralla no que os enimigos de sempre converteron nun pandenonium algo ai que só Dante se achegou en determinados momentos.
Guerra ou terrorismo, quen da máis?. Masacre. Talvez o menos parecido a unha guerra porque esta, cando menos, ten regras, normas. Hai normas na actuación de Hamás?. Existe algún vestixio de humanidade na acción das Forzas de Defensa de Israel?.
A terra desta zona de Oriente Medio en sempiterna guerra está queimada e sementada por fragmentos de corpos irrecoñecibles. A Franxa de Gaza, unha outra vez, é escenario tráxico cun pano de fondo que xamáis se estrea dada a frecuencia das funcións dese teatro inmorrente no que uns matan e outros recollen corpos sen vida para, na escea seguinte, os primeiros recollen cadáveres e os segundos matan, nun intercambio de papeis no que a única variante é o teórico exercicio dun dereito humanitario que moitos esgrimen e ninguén practica.
A maior parte dos cidadáns residentes en Gaza sin refuxios “fabricados” por Israel ao abeiro dos kibutz. Pouco custa exterminalos, unha vez que se tomou a decisión de “aplanar” a Franxa castigando Gaza como nunca antes se castigara. Como se o tempo transcorrido desde 1948 non contara á hora de contabilizar abusos de toda caste. E disque o pior aínda está por vir, porque os gazatíes non dan aprendido decididos como están a pagar co que non teñen por unha fenda de liberdade. De vida libre.
Xa sin máis de 2.000 as persoas – persoas, sí- asasinadas nunha e outra banda de Gaza co nome de Palestina entre cella e cella e o desexo irreprimible de anainar un fillo, de acariñar un neno antes de velar o seu sono, de andar ás alancadas os camiños seculares da historia feita con terra queimada pola incomprensión duns e doutros. Destrozar Gaza, unha outra vez. Que importan os dous millóns de seres -mulleres, homes, mozos, nenos palestinos- que se amorean no que sempre foi un erial?. Máis, tamén, que valor teñen as vidas dos israelís que ocupan terras que poideron ser súas nun tempo de Táboas da Lei e historias sentidas do monte Ararat, perdidas porque uns estranxeiros así o decidiron para que os seus respectables cús descansaran plácidamente en cadeira mol. Había que ceder en algo para que os procedentes de Israel poideran pisar novamente os camiños de terra dos seus antergos agora convertidos en autovías e traballar como labregos uns desertos convertidos en xardíns.
Un veo de gasa transparente tenta ocultar os nenos de ambas as partes. Os cativos dun e doutro lado da raia vánse dese inframundo sen un chío porque o dron enemigo que guindou a bomba non deu tempo a saborear o derradeiro leite da súa curta existencia.
Os vehículos militares deixan ao seu paso unha pegada indeleble. As familias que, un día máis, non poden ollar ao ceo en plegaria, tampouco marcan días no calendarios de parede. Viven cada minuto, sen cabilar que a sús suma marca horas e as horas, sumadas, poden significar días agardando a bomba que os leve. É a historia dos pobos xudeo e palestino, sempre xuntos e nunca unidos. Nas noites, nos días que non sempre se suceden, un pranto marca o comezo do remate de algo cuxo final non está previsto. Gaza, desfruta, aplanada, onde non se poder sepultar os mortos nen contar as estrelas do ceo. En Israel as estrelas non sempre son sionistas.



